Xosé María Álvarez Blázquez, España
(Tui 1915-1985)
Non é certo que os nenos teñan fame Non pode ser. Ben o sabedes todos os que andades no mundo atafegados á percura do pan dos vosos fillos Ises outros que vedes pola rúa pedindo esmola, non teñen fame, non, porque daquela vos teríades morto de vergonza. E ben vos vexo andar nos vosos coches ou nos tranvías, a berrar de cousas estranas, -¡viva, beba, baba, buba¡- sen reparar naquil esfarrapado que coa moura mauciña está petando na porta de ferro. Por iso penso que non é verdade o que algún caviloso di dos nenos que andan así petando pola vida -¡Non, home, non¡- lle dixen a un de aqueles - A xente pasa leda......¡Fora boa que andivesen a rirse dos seus crimes¡
|
Por lobitogabriel - 12 de Julio, 2007, 7:58, Categoría: poesia
Enlace Permanente
| Comentar
| Referencias (0)
|